CRTVG

Buscar

Detido en Vigo por tentar agredir o seu fillo cun coitelo

Publicado o 26/06/2020 14:50
Detido en Vigo por tentar agredir o seu fillo cun coitelo

A Policía Local detivo un veciño de Vigo de cincuenta anos como presunto autor dun delito de violencia doméstica. 

Sucedeu nunha vivenda da parroquia de Valadares. Un particular alertaba de que o home agredira o seu fillo e a súa muller cando se negaron a darlle cartos supostamente para o consumo de droga.

Despois dunha forte discusión e forcexo, o detido tentou agredir cun coitelo de cociña o seu fillo, de 22 anos. A intervención da nai e dos avós paternos da vítima, que tamén estaban no domicilio familiar, impediu que quedase ferido. O home quedou en liberdade con cargos, á espera de comparecer nos xulgados.

Noticias web

26/06/2020