Detido en Vigo por darlle puñazos á parella e arrastrala polo cabelo
Publicado o 09/08/2019 18:29

Detido en Vigo un home de 52 anos por maltratar, supostamente, a súa parella. Ocorreu de madrugada, no domicilio que comparten na rúa Ecuador. A policía foi alertada polos veciños do edificio. Cando os axentes chegaron á vivenda atoparon a muller cun ataque de ansiedade e observaron que tiña mazaduras na cara.
A vítima manifestou que mantivera unha discusión coa súa parella e que este lle dera varios puñazos. Ademais, afirmou que cando intentou fuxir polas escaleiras mesmo a arrastrou polo cabelo para levaba de novo ao interior. Pola súa banda, o arrestado negou as acusacións.