CRTVG

Buscar

Detido en Vigo por agredir a súa parella e escondela na casa

Publicado o 06/11/2019 14:12

A Policía Local detivo en Vigo un home por agredir a súa parella e escondela nun cuarto para que non a atopasen os axentes. Foi a propia vítima quen alertou as forzas de seguridade, a través dunha chamada que se cortou de xeito brusco.

No momento en que os axentes se dirixían á vivenda, situada no centro da cidade, recibiron unha nova chamada. Desta vez era o home para dicir que durante unha discusión coa súa compañeira o agredira e que no intento de defenderse lle rompeu as lentes. Á chegada da policía ao domicilio, o detido dixo que a muller escapara da vivenda. Os axentes comprobaron que estaba pechada nun cuarto. A vítima relatou que acudiu ao domicilio para rematar coa relación e o suposto agresor non a deixou saír.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/11/2019