CRTVG

Buscar

Detido en Vigo como presunto autor de 14 roubos con violencia en gasolineiras

Publicado o 14/03/2018 14:19

A Garda Civil detivo en Vigo un atracador ao que se lle atribúen polo menos 14 roubos en gasolineiras de toda Galicia. O primeiro atraco que se lle imputa ocorrera nunha estación de servizo de Cotobade. O home, que actuaba armado cun machete e cubría o seu rostro cun casco, utilizaba sempre o mesmo 'modus operandi': levaba unha garrafa de gasolina e entraba nas estacións de servizo coa escusa de que quedara sen combustible. Despois agardaba a que o traballador estivera só para ameazalo e facerse co botín. Tras un seguimento de varios meses, a Garda Civil detívoo en Vigo, na rúa Marqués de Valterra.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/03/2018