CRTVG

Buscar

Detido en Valladolid un mozo de 19 anos por suposto delito de abusos sexuais a unha nena de 11

Publicado o 13/09/2019 13:08
Detido en Valladolid un mozo de 19 anos por suposto delito de abusos sexuais a unha nena de 11

A Policía Nacional detivo en Medina do Campo (Valladolid) un mozo de 19 anos por un suposto delito de abusos sexuais a unha nena de 11 anos.

Fontes da investigación apuntaron que o detido e a súa vítima mantiñan unha relación de noivado, circunstancia, con todo, que non mitigaría a suposta actuación delituosa ao tratarse dunha menor. O detido foi posto á disposición da autoridade xudicial. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí