Detido en Tenerife por lanzar haxix ao interior do penal
Publicado o 02/04/2020 14:10
A Garda Civil de Tenerife detivo un mozo que lanzou un paquete con haxix ao centro penitenciario da illa.
Os axentes patrullaban a zona cando viron os movementos sospeitosos do rapaz, que acabou achegándose ao muro do penal e lanzando un paquete ao seu interior. O home fuxiu correndo, pero os gardas civís conseguiron atrapalo e detelo. No interior do paquete había catro pezas de haxix, que pesaban 68 gramos entre os catro, e tres telefonos móbiles. O detido pasou a disposición xudicial.