Detido en Rianxo un feirante acusado de agredir sexualmente unha empregada
Publicado o 13/07/2019 14:30

Incidente grave nas festas de Rianxo. A Garda Civil detivo esta madrugada un feirante acusado de agresión sexual. O axentes de Padrón desprazaronse esta noite ata a vila rianxeira alertados polo 112. Unha moza chamou á central telefónica de Emerxencias denuniciando que o seu xefe a agredira sexualmente. A denunciante é unha das empregadas das atraccións de feira. Segundo relatou, o home propúxolle mater relacións e ela negouse. Foi nese momento, segundo a denunica, cando comezou a tocarlle os peitos. A patrulla de Padrón acudiu ao lugar e hoxe á 6 da mañá detivo ao presunto agresor, que nestes momentos está nos calabozos de Rianxo á espera de declarar ante o xuiz.