CRTVG

Buscar

Detido o presunto narcotraficante Juan Carlos Santórum cando ía entregarse

Publicado o 07/09/2020 14:39

Juan Carlos Santórum ía camiño da Audiencia de Pontevedra para se entragar cando foi interceptado esta mañá por axentes da Unidade de Delincuencia e Crime Organizado da Policía Nacional.

Onte xa se presentara nos xulgados de Vigo coa mesma intención, pero alí non o retiveron por non dispoñeren da requisitoria contra el. Santórum tiña pendente unha orde de ingreso en prisión e outra de busca e captura.

Está condiderado o responsable da rede de narcotraficantes que debía descargar os 4.500 quilos de cocaína do buque Karar e tamén está supostamente vencellado co narcosubmarino de 20 metros interceptado en novembro de 2019.

O presunto traficante vilanovés fuxira cando a policía ía rexistrar a súa casa.  

Noticias web

07/09/2020