CRTVG

Buscar

Deteñen en Murcia un home acusado de matar a súa noiva e facela desaparecer

Publicado o 10/10/2019 21:13

A María Dolores Sandoval Ruiz perdéuselle o rastro o pasado 25 de decembro en Cartaxena. Os seus familiares denunciaran a desaparición pensando que fora unha marcha voluntaria. 10 meses despois, e logo dunha longa investigación, o asunto podería tratarse dun novo caso de violencia machista. A Policía Nacional detiña estes xoves a súa parella, acusado de matala e de ocultar o seu cadáver.

Presuntamente o home, duns 60 anos, mataríaa na vivenda que compartían na cidade murciana para logo desfacerse do seu corpo, que segundo algunhas fontes puido despezar. O domicilio foi rexistrado pola Policía Científica.
 "A despezou e estaba nun arcón e que faltaban trozos que segundo contan non o vin que llo estaba dando de comer aos cans" di un veciño do home.

No que vai de ano, 46 mulleres morreron a mans das súas parellas ou ex-parellas en España. O teléfono contra a violencia machista é o 016. Non ten custo, non aparece na factura, pero hai que borralo do teléfono.

 



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/10/2019