CRTVG

Buscar

Detido en Mos por roubar 10.000 euros en material de equitación

Publicado o 20/01/2020 14:11

A Garda Civil detivo un veciño de Mos de 47 anos, por roubar, supostamente, máis de 10.000 euros dun centro hípico. O ladrón levou unha importante cantidade de material relacionado coa equitación como monturas, trinchas, mantas ou cabezais.

As investigacións levadas a cabo polo posto da Garda Civil de Mos iniciáronse hai unha semana cando o roubo foi denunciado polo dono do centro hípico. Os axentes conseguiron deter o suposto autor dos feitos e recuperaron o material subtraído nun monte da localidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/01/2020