CRTVG

Buscar

Detido en Monforte un mozo por presunta violación tras a denuncia da exparella

Publicado o 20/08/2020 14:11
Detido en Monforte un mozo por presunta violación tras a denuncia da exparella

A policía detivo un mozo en Monforte despois de que a súa exparella o denunciara por presunta violación. O home, de 30 anos, mantivo unha relacion sentimental coa denunciante, que ten 16 anos. Ambos os dous residen en Monforte.

Na súa denuncia a moza acúsao de violala as dúas últimas veces que tiveron relacións sexuais. Ante o xuíz, el negou esa acusación e afirmou que a relación foi en todo momento consentida. 

A comparecencia xudicial tivo que interromperse. O detido sentiuse indisposto e foi necesario levalo ao hospital comarcal.

Noticias web

20/08/2020