CRTVG

Buscar

Detido en Monforte un mozo de 30 anos por un suposto intento de rapto dunha nena de 10 anos

Publicado o 11/01/2019 13:20

En Monforte detiveron un home duns 30 anos como sospeitoso do intento de rapto dunha nena de 10 anos. A menor asegura que o home a agarrou polo brazo e a tratou de levar dicíndolle que fose con el. A nai estaba a poucos metros no seu coche, a pequena berrou e o individuo escapou. A nai tratou de seguilo para facerlle unha foto, pero perdeulle a pista. Máis tarde, cunha amiga, viron o sospeitoso noutra rúa da vila e a amiga recoñeceuno. Foi entón cando presentaron a denuncia. O home permanece nas dependencias policiais para tomarlle declaración.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2019