CRTVG

Buscar

En liberdade con cargos o detido en Monforte por roubar e reter unha muller

Publicado o 17/07/2019 18:53

 


En liberdade con cargos o detido en Monforte por roubar e reter unha muller

 O home detido en Monforte de Lemos como investigado polos delitos de roubo con violencia e intimidación e detención ilegal quedou en liberdade con cargos tras prestar declaración no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da citada localidade lucense. O home quedou este mércores en liberdade aínda que ten prohibido achegarse á vítima ou comunicarse con ela.

Fuentes policiais indicaron que se trata dun home duns trinta anos que foi detido onte en Monforte de Lemos despois de contratar a unha prostituta, á que presuntamente subtraeu o diñeiro que previamente lle pagou por un servizo e despois deixouna encerrada no negocio da súa familia. Este suceso tivo lugar na madrugada do luns ao martes e, segundo a información que manexan os investigadores, despois de manter relacións o home non "quedou satisfeito", polo que lle reclamou á muller o diñeiro que previamente lle había pago e ameazouna para que llo devolvese. Unha vez encerrada, a muller logrou dar a voz de alarma e un veciño que a escoitou chamou á Policía Nacional, cuxos axentes practicaron a detención do sospeitoso

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/07/2019