Detido en Moaña un mozo por quebrantar a orde de afastamento da súa ex-parella
Publicado o 25/08/2019 15:05
Ocorreu de madrugada na céntrica rúa Concepción Arenal. Segundo a Garda Civil, o mozo achegouse á muller, malia a prohibición, e mantivo con ela unha discusión. Os axentes prendérono e xa pasou a disposición xudicial en Cangas. Ademais de confirmarlle a orde de afastamento, incrementáronlle a distancia de aproximación á vítima.