CRTVG

Buscar

Detido en Madrid un dos xefes máis importantes do tráfico de heroína en Europa

Publicado o 26/05/2021 12:06
Detido en Madrid un dos xefes máis importantes do tráfico de heroína en Europa

A Policía Nacional detivo en Madrid o que está considerado como un dos principais xefes do tráfico de heroína de Europa.

O líder da organización residía habitualmente en Holanda, pero desprazouse á capital española para realizar unha gran transacción de droga. Os axentes detiveron canda el outras oito persoas e incautáronse de máis de 26 quilos de heroína. 

Noticias web

26/05/2021