CRTVG

Buscar

Detido en Madrid o ex-xeneral venezolano prófugo coñecido como "Pollo Carvajal"

Publicado o 10/09/2021 08:34
Detido en Madrid o ex-xeneral venezolano prófugo coñecido como "Pollo Carvajal"

A Policía Nacional detivo en Madrid o ex xeneral venezolano Hugo Carvajal, coñecido como "Pollo Carvajal". Prófugo da xustiza e buscado para a súa extradición aos Estados Unidos, Carvajal vivía completamente enclaustrado na rúa madrileña de Torrelaguna e sempre protexido por persoas de confianza. O que fora xefe dos servizos secretos do réxime de Hugo Chávez está reclamado por un delito de narcotráfico como membro do cartel dos Soles.

Noticias web

10/09/2021