CRTVG

Buscar

Detido en Lugo un mozo que circulaba a 140 polo polígono das Gándaras

Publicado o 23/07/2019 16:37

Ten 24 anos e veciño do Corgo que, ademais de con exceso de velocidade, conducía facendo manobras moi arriscadas. O rapaz foi interceptado nun control, pero fuxiu co seu vehículo. Logo dunha persecución polas rúas do polígono, os axentes de Tráfico puideron atrapalo de novo.

A policía sospeita que o condutor participaba nalgunha competición ilegal das que se organizan nas noites das fins de semana nesa zona de Lugo. É habitual que se produzan quedadas de condutores que chegan dende toda a provincia e mesmo de Asturias.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/07/2019