CRTVG

Buscar

Detido en Lugo un clan familiar que se dedicaba ao tráfico de drogas

Publicado o 16/06/2020 14:50

En Lugo, quedou desartellado nas últimas horas un clan familiar. Os axentes montaron un dispositivo de vixilancia nunha vivenda tras varias denuncias dos veciños.

Entre os catro detidos da mesma familia hai un menor de idade. A policía non só destapou os puntos de venda da droga, senón tamén a súa forma de operar, e descubriron que tiñan ao seu servizo unha persoa en estado de semiescravitude, ao que lle encargaban desde a venda de estupefacientes ao coidado dos máis pequenos da casa. Todo, a cambio dunha dose de droga.




 

Noticias web

16/06/2020