CRTVG

Buscar

Detido en Lugo por ameazar a súa parella cun machete

Publicado o 10/05/2021 15:18

A Policía Local de Lugo detivo un home de 64 anos de idade acusado de insultar gravemente a súa parella e de ameazala de morte cun machete. Foi a propia muller a que chamou a policía logo de que o individuo lle colocara o machete no pescozo. Cando os axentes chegaron ao domicilio onde reside a parella, o home pechouse na cociña e tentou autolesionarse cun coitelo de grandes dimensións. Agora xa foi trasladado a dependencias policiais, onde se está a tramitar un expediente por violencia de xénero.