Detido en León o suposto asasino da muller transexual acoitelada en Avilés
Publicado o 23/09/2019 14:55
Axentes da Policía Nacional detiveron en León un home como suposto autor da morte a coiteladas dunha muller transexual esta fin de semana en Asturias.
Segundo fontes próximas á investigación, o arrestado formaría parte do círculo próximo da vítima, de 38 anos e orixe brasileira.
O cadáver da muller foi localizado pola encargada da limpeza nun piso de Avilés.