CRTVG

Buscar

Detido en León o preso Santiago Izquierdo Trancho fuxido o 30 de xullo

Publicado o 10/08/2018 15:10

A Policía Nacional da Comisaría de León detivo hoxe sobre as 11:00 horas ao interno Santiago Izquierdo Trancho, fuxido do Centro Integración Social (CIS) de León do cárcere de Mansilla de las Mulas, segundo informou a Subdelegación do Goberno.

O pasado 30 de xullo de 2018 Santiago Izquierdo Trancho, interno do Centro Penal de León, aproveitando a súa saída con ocasión dun permiso penal, non regresou ao centro. Cursada a oportuna orde de procura iniciáronse as investigacións tendentes á súa localización e detención. Tras as investigacións por parte dos funcionarios integrantes do operativo de procura establecido, foise pechando o círculo sobre o fuxido, quen foi localizado hoxe no barrio do Cruceiro da capital leonesa, onde permanecía escondido.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2018