CRTVG

Buscar

Detido en Gandía un home por abandonar a filla de dous anos

Publicado o 06/09/2021 21:40

En Valencia, a policía detivo un home de 39 anos acusado de abandonar a filla. A nena ten só dous anos. Uns veciños atopárona de noite deambulando soa por unha estrada de Gandía. Despois de media hora de busca, os axentes deron co pai. Non podía manter o equilibrio nin conseguía falar claramente. Nin sequera recoñecía a rapaza. Os policías quedaron coa cativa ata que atoparon a nai.
 

Noticias web

06/09/2021