Detido en Caldas por dúas plantacións de marihuana
Publicado o 14/10/2020 14:42
Detido un veciño de Barro de 61 anos como presunto responsable de dúas plantacións de marihuana nese concello e no veciño de Caldas.
A Garda Civil incautouse tamén de máis de 70 plantas, que estaban en propiedades privadas de terceiras persoas e agachadas entre cultivos de millo. O arrestado está acusado dun delito contra a saúde pública.