CRTVG

Buscar

Detido en Bulgaria un dos dez delincuentes máis buscados pola Garda Civil

Publicado o 02/03/2019 12:36


As forzas de seguridade detiveron en Bulgaria un dos dez delincuentes máis buscados pola Garda Civil, J. S. A., membro dunha importante rede de narcotraficantes que engordara 50 quilos para cambiar o seu aspecto e evitar ser identificado. Reclamado desde 2013, puido ser localizado cerca de Varna, desde onde tiña previsto viaxar nos próximos días a Venezuela. O detido pertenecía a unha organización criminal que introducía en España e no resto de Europa grandes cantidades de cocaína procedente de Suramérica.

No 2018, a Garda Civil detivo en España 201 persoas reclamadas por ordes europeas de detención e entrega, e membros do corpo desprazáronse a varios países para deter 24 persoas reclamadas polas autoridades españolas. Os principais delitos polos que se reclaman os fuxidos son homicidio ou asasinato, abusos a menores e integración en organizacións criminais dedicadas ao tráfico de drogas, estafas ou branqueo de capitais.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/03/2019