CRTVG

Buscar

Detido en Alacante un presunto colaborador do Daesh reclamado por Alemaña

Publicado o 29/08/2019 10:30

A policía detivo en Elda, Alacante, un presunto colaborador do Daesh reclamado por Alemaña. O detido é un marroquí de 25 anos que suposamente formaba parte dun grupo que proporcionaba apoio loxístico e documentación falsa a terroristas encagados de recrutar membros e planear atentados en Europa.

En 2017, a policía alemá detivo dous dos tres membros da célula, e daquela o marroquí arrestado hoxe conseguiu fuxir. Tras moverse clandestinamente por varios países, recalou en España, onde tiña previsto quedar. Malia as numerosas medidas de seguridade que tomou para pasar inadvertido, a policía conseguiu seguirlle os pasos e detelo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí