CRTVG

Buscar

Detido cando circulaba a 212 km/h pola autovía das Rías Baixas baixo os efectos do cánnabis e das anfetaminas

Publicado o 27/01/2020 16:03

A Garda Civil de Tráfico detivo un condutor que circulaba a 212 quilómetros por hora, pola autovía das Rías Baixas. Detectouno o radar cando pasaba polo concello ourensán da Mezquita.

O condutor, portugués de 35 anos, deu positivo en cannabis e anfetaminas. Ao non ter residencia en España, foi detido por un delito contra a seguridade viaria e pasou xa a disposición xudicial en Verín.

Noticias web

27/01/2020