CRTVG

Buscar

Detido en Vigo un home buscado pola Interpol

Publicado o 21/08/2019 20:06

Un home de 24 anos buscado pola Interpol foi detido en Vigo cando acudía á comisaría de policía a facer un trámite.
A Brigada de Estranxeiría e Fronteiras xa alertara a comezos deste mes de agosto da posible presencia en Vigo do sospeitoso dun homicidio en Venezuela, cargo polo que estaba en busca e captura. Logo de localizalo, os axentes da comisaría viguesa comprobaron que tiña pendente un trámite administrativo nesas mesmas dependencias, onde montaron un dispositivo nunha área separada da atención ao público para detelo se, finalmente, se presentaba. Dous axentes de paisano esperaron a súa chegada e, xa na sala correspondente, procederon á súa detención.

Noticias web

21/08/2019