CRTVG

Buscar

Detidas varias persoas nunha operación antidroga no poboado do Vao, en Pontevedra

Publicado o 13/03/2020 15:57

A Garda Civil detivo varias persoas esta mañá nunha operación contra o tráfico de drogas no poboado do Vao, en Pontevedra.

Unha redada que se iniciou á primeira hora e que segue a desenvolverse arestora. No operativo participan medio cento de axentes, que contan co apoio dun helicóptero e de cans do servizo cinecolóxico da Garda Civil. Ao longo da mañá realizaron varios rexistros neste barrio chabolista.



 

Noticias web

13/03/2020