CRTVG

Buscar

Detidas tres persoas por intentar roubar un bebé nun hospital en Fuenlabrada

Publicado o 12/03/2019 16:07

Os feitos aconteceron o 24 de febreiro pasado e hoxe a Policía Nacional informou sobre a detención dunha parella por tentar roubar un bebé neste hospital de Fuenlabrada e tamén a nai da acabada de nacer. Poderiamos falar dun roubo consentido pola nai biolóxica, porque foi precisamente a actitude da nai o que levantou as sospeitas do persoal do hospital. Desatendeuse do bebé dende o primeiro momento mentres que o detido tentou rexistrarse como pai biolóxico nas probas médicas. A súa parella encargouse dos coidados do bebé.

Ante unha situación un tanto estraña, dende o hospital chamaron a policía. Ao comezar a investigación comprobaron que o detido puxo o seu nome no rexistro e tentou convencer a policía de que era o pai biolóxico.

A policía sospeita que había un acordo entre a parella detida e a nai biolóxica. O bebé permanece ingresado neste hospital á espera da decisión xudicial.




 

Noticias web

12/03/2019