CRTVG

Buscar

Detidas seis persoas polo altercado nun bar do Milladoiro

Publicado o 06/05/2021 13:23
Detidas seis persoas polo altercado nun bar do Milladoiro

Un grupo de clientes dun bar do Milladoiro agrediu os empregados do local cando estes se negaron a servilos porque era case a hora marcada para o peche.

Tras a difusión das imaxes, a Garda Civil investigou os feitos e identificou os seis agresores, a maior parte deles con antecedentes por feitos similares. Foron detidos como presuntos autores de dous delitos de lesións e un de danos, e postos a disposición do Xulgado de Instrución de Santiago.