CRTVG

Buscar

Detidas por cortar o pene, acoitelar e queimar o cadáver dun neno de nove anos

Publicado o 18/06/2019 14:00

A historia de Rhuan Silva ten conmocionada a opinión pública brasileira. Máis aló do feito de que fose a súa propia nai quen acabou coa vida do pequeno, os seus padecementos previos trazan un escenario de pesadelo continuo. A nai de Rhuan e a súa compañeira sentimental, 28 e 27 anos respectivamente, estaban obsesionadas con transformar o neno nunha nena. Deixábanlle o pelo longo e obrigábano a se vestir con roupa feminina. Hai un ano foron máis lonxe e, seguindo as instrucións dun vídeo colgado na Internet, amputáronlle o pene. Pero, con todo, Rhuan non quixo renunciar ao pouco que tiña: a súa identidade. Así que as mulleres, que debían velar pola súa seguridade, decidiron quitalo do medio.

"Segundo elas", explica Guilherme Souza, da policía, "o cativo dificultaba a súa relación afectiva, e por iso tiñan que matalo: para estar ben entre elas".

A de Rhuan non foi sequera unha morte doce. Asestáronlle 12 puñaladas, queimaron parte do cadáver nunha grella e meteron o resto nunha maleta que botaron ao sumidoiro. Xa detida, a nai recoñeceu ante as cámaras que odiaba o seu fillo porque lle recordaba o seu pai.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/06/2019