CRTVG

Buscar

Detidas nove persoas dunha banda especializada no roubo de bancos por toda España

Publicado o 08/10/2021 21:46
Detidas nove persoas dunha banda especializada no roubo de bancos por toda España

A Garda Civil detivo 9 persoas dunha banda especializada no roubo de bancos que actuaban por toda a xeografía española, pero especialmente na provincia de Toledo.

Seis dos integrantes foron sorprendidos cando intentaban roubar os cartos depositados por un furgón de seguridade nun banco de Madrid, tal como recollen estas imaxes. Días despois a Garda Civil detivo os outros tres membros da banda. En total, 7 homes e dúas mulleres, de diferentes nacionalidades, aos que se lles imputan máis de 64 roubos.

Noticias web

08/10/2021