CRTVG

Buscar

Detidas en Andalucía dezaseis persoas por tráfico de menores migrantes marroquís

Publicado o 01/06/2019 13:19

A Garda Civil desmantelou catro grupos organizados dedicados a reter e trasladar menores migrantes desde Marrocos ata as costas españolas. A operación saldouse cun total de dezaseis detidos, todos de nacionalidade marroquí, que empregaban pisos en Cádiz e Sevilla para reter os menores e posteriormente desprazalos a cidades como Barcelona, Valencia ou Bilbao.

As organizacións inducían os menores a viaxar embarcados en barcas fretadas polos cabezas da rede, ou a que se ocultasen en autobuses e camións, e cando alcanzaban a península pactaban outro prezo para que os trasladasen a outras comunidades.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/06/2019