CRTVG

Buscar

Detidas dúas persoas pola súa relación con polo menos sete incendios forestais en Lugo

Publicado o 13/08/2019 19:48
Detidas dúas persoas pola súa relación con polo menos sete incendios forestais en Lugo

Dúas persoas, en concreto dous homes de 40 e 58 anos, foron detidas como presuntas autoras de sete incendios forestais ocorridos nos municipios de Ribas de Sil e Quiroga, na provincia de Lugo durante o pasado mes de xullo.  

Os feitos remóntanse ao pasado mes de xullo cando se produciron de forma reiterada varios incendios nestes municipios. A Garda Civil iniciou unha investigación na que se puido constatar que o obxectivo común era a "destrución" e a "deterioración" da "masa arbustiva" localizada a ambos os dous lados da estrada N-120, entre as localidades de Bendillo e San Miguel de Montefurado. Un dos detidos é un home de 40 anos veciño da parroquia de Peites, no Concello de Ribas de Sil. O individuo era coñecedor do protocolo de extinción e seguía sempre un mesmo patrón. Tras ser posto a disposición xudicial acusado de provocar seis incendios forestais, decretouse a liberdade con cargos.

Doutra banda, o segundo detido é un veciño da Rúa (Ourense) de 58 anos, presunto autor material dun incendio que afectou 148 hectáreas no municipio de San Miguel de Montefurado, Quiroga (Lugo), que foi "un dos máis grandes sufridos no ano na provincia", indicaron os axentes. O home foi posto en liberdade con cargos.

No que vai de ano, o número de incendios forestais aumentou nun 136% con respecto ao mesmo período do exercicio anterior. Ademais, os lumes provocados por causas naturais víronse reducidos á metade. Ademais, os investigados por este tipo de accións viuse incrementado nun 90% con máis de 180 implicados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/08/2019