Detidas dúas persoas e recuperado parte do botín dun roubo en Arteixo
Publicado o 23/04/2021 14:25

Efectivos da Garda Civil do posto de Arteixo detiveron un home e unha muller como presuntos autores do roubo de xoias e material informático e electrónico nunha casa.
Segundo a nota oficial, foi unha tarefa laboriosa chegar ata os detidos. Non teñen domicilio coñecido e estaban nunha vivenda ocupada onde a Garda Civil recuperou a maior parte dos bens roubados. Os dous detidos e os efectos interceptados pasaron á disposión do xuíz.