CRTVG

Buscar

Detidas dúas persoas cando roubaban nunha conserveira en Poio

Publicado o 28/06/2021 14:21

A plena luz do día e coas mans na masa. Así atopou a policia local de Poio a dous veciños de Redondela e Vigo nestas instalacións de Conservas Camping en Raxó.

"Din que lle cortaron os portais da entrada de abaixo. Hai unha entrada para atrás, e os que entran por aquí cara para atrás, niguén sabe o que van buscar. Seica teñen un alboio comprado ou alugado atrás de todo, e se entran furgonetas por alí, quen sabe ao que van?", comenta unha veciña. 

Os axentes levaban tempo investigando os moevementos de camións e furgonetas na nave que leva uns meses sen actividade. Supostamente, levaban toda clase de material e maquinaria para vendelos a empresas de ferralla. Os ladróns forzaron o portal de acceso ás instalacións e outras portas para levar a mercancía que, segundo o propietario, estaría valorada en mais de 40.000 euros.

Noticias web

28/06/2021