CRTVG

Buscar

Detidas 59 persoas por unha fraude á Seguridade Social con ramas en Lugo e A Coruña

Publicado o 26/02/2019 21:15

• A operación, coñecida como Galatea, desenvolveuse en 17 provincias españolas. Os detidos eludían o pagamento das cotizacións dos traballadores nas empresas

A Policía Nacional detivo 59 persoas por unha fraude masiva á Seguridade Social de case 19 millóns de euros. A operación desenvolveuse en 17 provincias, entre elas Lugo e A Coruña.

A maioría dos detidos son os responsables de empresas que formaban complexas estruturas para eludir o pagamento á Seguridade Social das cotizacións dos traballadores. Os 59 arrestados tamén son investigados por pertenza a grupo criminal, por falsidade documental, por atentar contra os dereitos dos traballadores, e por apropiación indebida. O total do defraudado por estas empresas achégase aos 19 millóns de euros. A Policía Nacional iniciou as pescudas desta operación Galatea a principios de 2018 a raíz de varias denuncias. 

As investigacións comezaron a principios do ano 2018 tras recibir varias denuncias que informaban sobre feitos ilícitos labores contra a Tesourería Xeral da Seguridade Social. Tras a análise da documentación, observouse que, co fin de eludir o pago das cantidades debidas e frustrar as lexítimas aspiracións de cobro da Tesourería, creáronse armazóns empresariais con empresas debedoras e empresas pantalla ás que se lles repercutían os beneficios e o patrimonio. 

Noticias web

26/02/2019