CRTVG

Buscar

Detidas 40 persoas nunha batalla campal entre inmigrnates no porto de Ceuta

Publicado o 17/06/2019 11:16

Esta madrugada rexistrouse unha batalla campal entre inmigrantes no porto de Ceuta. Hai corenta detidos, algúns deles menores de idade. Son todos marroquís. Os dous bandos enfrontados levan días pelexando por facerse co control da área, para así acceder ilegalmente aos barcos que atracan na cidade. Pero a noite pasada a situación tornou especialmente violenta. Tiveron que intervir a policía portuaria, a Garda Civil, Servizo Marítimo e a Policía Nacional. No medio, os traballadores do porto, que tiveron que fuxir esquivando as pedradas e o lume.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/06/2019