CRTVG

Buscar

Detidas 4 persoas e comisados 5 quilos de cocaína e medio de heroína na operación Parfisal

Publicado o 14/02/2019 14:32

Nova operación contra o narcotráfico. A Garda Civil da Coruña detivo catro homes como presuntos autores dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas no marco da operación Parsifal.

A investigación comezou en marzo de 2018 tras a sospeita de que un veciño de Sada transportaba substancias estupefacientes desde Vilagarcía a distintos puntos do país, usando vehículos con agochos de gran capacidade.

Os axentes rexistraron catro domicilios en Sada, Viveiro, Vilagarcía e Bilbao. Neste último detiveron dúas persoas ao coller na allada o sadense facendo unha transacción. As otras dúas foron detidas en Sada e Viveiro. A Garda Civil incautouse de 5 quilos de cocaína, medio quilo de heroína, 118.000 euros en metálico e catro vehículos de alta gama. A operación continúa aberta.

Noticias web

14/02/2019