CRTVG

Buscar

Detidas 26 persoas e incautadas preto de 9 toneladas de cocaína en Mallorca e Alxeciras

Publicado o 25/04/2018 15:01

26 detidos e preto de 9 toneladas de cocaína incautadas en dúas redadas antidroga desenvolvidas en Mallorca e Alxeciras.A cocaína ía nun contedor de plátanos colombianos que foi descargado no porto andaluz.

Os 8.740 quilos de cocaína intervidos no porto de Alxeciras supoñen o maior alixo aprehendido en España. A droga ía agochada entre o cargamento de plátanos dun contedor procedente de Colombia que foi descargado no porto de Alxeciras. Seis persoas, entre elas dous empresarios e un axente da Garda Civil, foron detidos pola súa suposta relación con este alixo.

"A maior da historia do narcotráfico no noso país, en calquera medio de transporte. Por diante da embarcación Tammsare en alta mar en 1999 onde se incautaron 7,6 toneladas desta substancia.

"Noutra redada contra a venda e distribución de droga a pequena escala en Palma de Mallorca foron detidas máis de 20 persoas.Máis de 300 axentes participaron no operativo policial dirixido contra os líderes dos principais clans da droga que operan na capital balear.

Noticias web

25/04/2018