CRTVG

Buscar

Detida unha quiosqueira de Valencia que vendía haxix a menores

Publicado o 23/05/2019 21:36

Unha muller de 39 anos foi detida por, presuntamente, vender haxix a menores de idade nun quiosco de Valencia. Ía envolto nunha bolsa que contiña un chicle, un cigarro e mais o haxix.

O paquete non estaba á vista no quiosco, para mercalo tan doado como coñecer o contrasinal, esta pregunta: "Dasme un choco"? Así e pagando 2 euros euros tanto menores como adultos podían facerse coa bolsa coñecida xa como o 'pack do choco'. Algo que non deixa de sorprender na localidade de Pujol, en Valencia.

E isto ocorría aquí, a só trescentos metros dun colexio e a cincocentos dun instituto. A policía comenzou a investigar a raíz da denuncia dun pai que lle descubriu ao seu fillo o kit coa droga. Conseguiu tamén que lle explicara como o conseguira.

A dona do quiosco, agora en liberdade, enfróntase a cargos por un presunto delito de tráfico de drogas. Aos dous días da detención, o quiosco xa volvía estar aberto.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/05/2019