Detida unha persoa en Ourense por distrubuír material de abuso infantil en Twitter
Publicado o 27/09/2021 14:36

Detida unha persoa en Ourense nunha operación contra a pornografía infantil, en que a Policía Nacional tamén arrestou outras 14 persoas en distintas cidades do país. Están acusados de distribuír material de abuso sexual infantil a través de Twitter. Foi a propia rede social a que denunciou os feitos, ao ver que os seus usuarios publicaran este material nas súas contas.
Entre os detidos hai un comprador de material pedófilo de extrema dureza, cuxos vídeos estaban protagonizados na súa maioría por bebés.