CRTVG

Buscar

Detida unha persoa con cinco quilos de cocaína

Publicado o 13/02/2019 13:23

Na Coruña, unha persoa foi detida nas últimas horas, acusada de tráfico de drogas. Foi nas inmediacións do centro cívico de San Pedro de Visma, onde se levou a cabo a operación policial. Na redada participaron varias unidades da Garda Civil, con cans adestrados.

Os axentes incautáronse de cinco quilos de cocaína, que estaban agochados nunha das vivendas da zona.

Ao parecer, o detido é o líder dun grupo dedicado ao tráfico de drogas. 

Noticias web

13/02/2019