CRTVG

Buscar

Detida unha parella en Vigo por agredirse mutuamente

Publicado o 16/05/2019 12:26

A Policía Local de Vigo detivo unha parella de entre 42 e 44 anos no barrio da Doblada por agredirse mutuamente. Foi ela mesma a que chamou a policía tras darlle un botellazo a el, pensando que o matara.

Os feitos ocorreron pola noite nun inmoble da rúa Xilgaro na Doblada. A parella, de 42 e 44 anos, adoita ter frecuentes discusións diante dos seus dous fillos menores. Esta última pelexa comezou cando ela lle ensinou a el un traxe de baño, el pegoulle e ela devolveulle o golpe cunha botella, deixándoo insconsciente, polo que chamou a Policía Local, pensando que o matara.

Os axentes tiveron que forzar a pechadura para acceder á vivenda, onde atoparon o home coa cabeza ensanguentada. Segundo o testemuño dos rapaces que viven na casa, un fillo de cada un, as pelexas son constantes e os dous consomen drogas e alcohol en exceso. Os dous foron atendidos polos servizos sanitarios e, posteriormente, detidos e postos a disposición xudicial.

No barrio todo o mundo os coñece, e moitos presenciaron como a Policía Local os levaba do inmoble, pero ninguén quixo falar deles porque lles teñen medo. Ela ten o acceso vetado en moitas cafeterías da zona.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2019