CRTVG

Buscar

Detida unha muller en Pontevedra acusada de agredir o seu fillo de 10 anos

Publicado o 17/05/2019 18:32
Detida unha muller en Pontevedra acusada de agredir o seu fillo de 10 anos

Unha muller de 40 anos foi detida en Pontevedra por agredir, supostamente, o seu fillo de 10 anos.
Un veciño do mesmo edificio foi quen alertou a Policía Local ao se atopar o cativo no inmoble descalzo, chorando e dicindo que a súa nai lle pegara. Unha patrulla e mais o 091 acompañaron o neno ao Hospital Provincial, onde foi atendido das lesións que presentaba na cara e o no pescozo. A muller, que reside con outro fillo tamén menor de idade, e que, segundo os axentes, presentaba síntomas de embriaguez, recoñeceu que discutira co pequeno e foi arrestada por un presunto delito de maltrato no eido familiar. O pai dos menores quedou ao cargo de ambos os dous.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/05/2019