CRTVG

Buscar

Detida unha muller en Ourense que lles cuspiu a unha camareira e a dous policías locais

Publicado o 21/08/2020 15:09

A Policía Local de Ourense detivo unha muller de 48 anos por insultar e cuspir unha camareira que non lle serviu a consumición porque pasaba da hora de peche. A muller entrou no local ás doce e dez da noite. A camareira advertiuna de que xa non podía tomar nada a esa hora e a clienta non o aceptou e negouse a abandonar o bar, mesmo ante a presenza da Policía Local. Tamén se negou a pór a máscara. Chegou a cuspirlles tamén aos axentes que acabaron deténdoa por un delito de desobediencia á autoridade.

Noticias web

21/08/2020