CRTVG

Buscar

Detida unha muller en Marín por acoitelar un home durante unha pelexa

Publicado o 18/07/2019 08:42
Detida unha muller en Marín por acoitelar un home durante unha pelexa

A policía detivo en Marín unha muller acusada de acoitelar un home durante unha pelexa. Ao parecer, a muller entrou armada nun bar e comezou a discutir co seu xenro. Un home que estaba no local intentou reducila e ela deulle varios cortes na man.

A Policía Local detívoa acusada dun delito de lesións. Unha ambulancia auxiliou o home no lugar e non precisou ingresar no hospital.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/07/2019