CRTVG

Buscar

Detida unha muller e desarticulado un punto de venda de droga en Marín

Publicado o 06/06/2019 13:53

A policía desarticulou un punto de venda de droga en Marín e detivo a muller que vive na casa onde comerciaba polo miúdo con cocaína e heroína.

A vivenda, situada nas Pedreiras do Medio, tamén estaba a ser utilizada como punto de consumo da droga. Iso propiciaba que acudisen ao lugar persoas alleas, presuntamente toxicómanos, que por veces tiñan enfrontamentos entre eles, e iso xerou sensación de inseguridade nos veciños. Foi deles de quen partiu a denuncia que acabou coa detención da muller e a intervención de pequenas cantidades de cocaína e heroína.

A detida, de 51 anos de idade, está en liberdade con cargos tras declarar ante o xuíz.



 

Noticias web

06/06/2019