CRTVG

Buscar

Detida unha moza de 18 anos polo incendio do seu piso en Vigo

Publicado o 27/08/2020 12:29

Detida unha moza de 18 anos como suposta responsable do incendio que calcinou o seu piso o martes en Vigo. A Policía Nacional iniciou unha investigación despois de que os bombeiros lles comunicaran a súa sospeita de que o incendio foi intencionado.

A muller padece problemas mentais polo que foi ingresada na unidade de psquiatría do hospital Álvaro Cunqueiro, onde permanece en calidade de arrestada.

No momento do incendio a moza estaba no interior da vivenda cos seus pais. Ela e a nai foran trasladadas a un centro hospitalario por inhalación de fume e o home tivera que ser rescatado polos bombeiros.

Noticias web

27/08/2020