CRTVG

Buscar

Detida unha banda que atracou 25 casas e adegas na provincia de Ourense

Publicado o 28/02/2019 17:34
Detida unha banda que atracou 25 casas e adegas na provincia de Ourense

A Garda Civil detén seis persoas dunha organización criminal que, presuntamente, cometeu 25 roubos con forza.

Vivendas, adegas, bares, naves industriais e mesmo estacións da ITV da provincia de Ourense foron os seus obxectivos, entre os meses de xuño e novembro de 2018. A casa do deseñador Roberto Verino foi uns dos lugares asaltados para facerse cun cuantioso botín de xoias.

Nas vivendas dos seis detidos, en Alacante, Murcia e Cidade Real, a Garda Civil atopou algúns dos efectos roubados.

Noticias web

28/02/2019